IX XORNADAS DE FORMACIÓN EDUCACIÓN, XÉNERO E IGUALDADE e I XORNADAS INTERNACIONAIS:
“Problemáticas diversas ao redor das Políticas Públicas de Igualdade de Xénero e Educación”
Dirección: Profra. Dra. Rita Mª Radl Philipp
Organización: CIFEX e Grupo de Investigación Socioloxía do Xénero FES
Secretariado: Prof. Dr. Jorge García Marín
Coordinación: Profra. Dra. Mª Begoña Gómez Vázquez e Profra. Dra. Mª Josefa Mosteiro García
1 Crédito de Libre Configuración (en trámite)
Estudantes: 10€
Resto de persoas: 20€
Xoves día 20 de Marzo
09:00h a 09:30h: Entrega de material
09:30h. a 10:00h.: Inauguración das Xornadas
Prof. Dr. Juan J. Casares Long, Excmo. e Mgnfco. Sr. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Profra. Dra. Benita Silva Hermo, Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC.
Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Dña. María Castelao Torres, Concelleira de Familia, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores do Concello de Santiago de Compostela.
Prof. Dr. Rodolfo Lois Ferradás Branco, Decano da Facultade de Ciencias da Educación.
Profra. Dra. Rita Mª Radl Philipp, Directora do CIFEX.
10:00h a 12:00h: Coloquio: “As políticas públicas de igualdade das mulleres e do xénero en épocas de crise. Perspectivas institucionais”
Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Dna. María Castelao Torres, Concelleira de Familia, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores do Concello de Santiago de Compostela.
Dna. Mª do Carme Acuña do Campo, Representante do Partido Socialista de Galicia.
Dna. Consuelo Martínez García, Representante da Alternativa Galega de Esquerda.
Dna. Ana Belén Pontón Mondelo, Representante do Bloque Nacionalista Galego.
Modera: Profra. Dra. Rita Mª Radl Philipp
12: 00h. a 12:30h.: Pausa-café
12:300h. a 14:30h.: Conferencia-Debate: “As fronteiras profesionais de xénero (Poder, xénero e biografía).”
Profa. Dra. Mª Antonia García de León, Universidad Complutense de Madrid.
16:00h. a 18,00h.: Coloquio-Debate: “Políticas públicas de igualdade e educación no contexto internacional”
Profra. Dra. Luci Mara Bertoni, Universidade Estadual do Suroeste da Bahia, Brasil.
Profra. Ana Lucía Íñiguez Ibarra, Universidad Católica de Cuenca, Ecuador.
Dna. Yvonne Rodríguez García, Universidad Autónoma do Estado de México.
Modera: Profa. Dra. Mª Begoña Gómez Vázquez, USC.
18:00h. a 18,30h.: Pausa-Café
18:30h. a 21:30h.: Taller: “Trazos identitarios e experiencias vitais”
Profa. Dra. Nereida Santos Mafra, Universidade Estadual do Suroeste da Bahia, Brasil.“Mulleres dinamizadoras da vida comunitaria en Brasil”.
Profa. Mariángela Santos Borba, Universidade Estadual do Suroeste da Bahia, Brasil.“Experiencias vitais de mulleres na universidade en Brasil”.
Venres día 21 de Marzo
9:00h. a 11:30h.: Coloquio-Debate: “As e os mozos e o uso das novas tecnoloxías desde a óptica das mulleres e do xénero”< /i>
Prof. Dr. Jorge García Marín, Universidade de Santiago de Compostela.
Profra. Dra. Mª Carmen Gutiérrez Moar, Universidade de santiago de Compostela.
Modera: Profra. Dra. Ana Mª Porto Castro, USC
11:30h. a 12:00h.: Pausa-café.
12:00h. a 14:30h.: Conferencia: “Consumo de alcol e drogas. Aspectos diferenciais de socialización do xénero”
Profra. Dra. Luci Mara Bertoni, Universidade Estadual do Suroeste dá Bahia, Brasil.
16:00h. a 18:30h.: Coloquio e Debate: “Accións e políticas de igualdade de xénero no contexto da Educación Superior”
Profra. Dra. Eva Aguayo Lorenzo, Coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela.
Profra. Dra. Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña.
Profra. Dra. Anabel González Penín, Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
Modera: Profra. Dra. María do Carme García Negro
18:30h. a 19:30h: Debate sobre o desenvolvemento das xornadas e clausura das mesmas.
Para a obtención de 1 crédito de libre configuración e do diploma solicitaráselle ao alumnado un traballo en base ao coloquio-debate do 21 de marzo: “Accións e Políticas de Igualdade de Xénero no contexto da Educación Superior” (10h.). Devandito traballo entregarase nas dependencias do CIFEX ao longo da semana do 24 de marzo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário